PEDRAS

PEDRAS

Damos ás pedras
un sabor eterno e cremos
que a súa eternidade as fai sabias e
no seu sabor eterno
buscamos a suor das tardes
e o olor da cidade durmida.
Ninguén coñece a súa voz, nin
o seu tacto, e moitos a penas
lembramos xa o seu espertar.

O LUME I

DESEXO
Moitas tardes anhelo de ti o corpo,
máis aló da carnes,
o leve salaio que me guindas na face
ese lumieiro de vida
agachado nos teus beizos de escuma,
o bico fuxidío das portas
que te ven sorrir cando observan
como me acerco ó teu halo de cristal cando presinten o escuro xeito en te amo
o pé das rochas que nos ladran enfurecidas.
Non sospeitas nesas tardes
o poder dos teus latexos,
a irremediable sucesión de imágenes de lume
onde surcas espacios nús,
e sei entón máis que nunca
todo o que atopei en ti,
a cova na que se esconden
os tesouros da túa vida,
e o azul das tardes de sábado
e a aperta cálida do abrigo.



AFONDEI EN TI
Afondei no teu corpo de
mares salgados i escumas, rachantes
ondas e algas trepadoras onde
sentía os marmurios
das túas costas
e foi nese intre o noso
un camiño incerto na treboada de dous barcos
cruzando o mesmo mar estreito
na noite escura.



VOLTAR
Ninguén sabía o extremo
nome das cousas
ata que chegaches de novo espido
coma un ramo cativo de
nenos que se agochan
uns nos outros para suplicar
atención,
unha corrente de aire
quente como o último lume
das fogueiras de San Xoán,
como a cinza que mancha
os pés de recordos que arden
no pasado, sen lume a penas pero co doce
aloumiño do tempo que está por voltar.



O TEU RECORDO
O recordo da mañá
non es ti senón atúa aperta espida
e un vestido branco como o das miñas bonecas,
a luz a través del, a man no lombo
e o pelo mollado ó espertar...
Chámasme e os meus pés miudos
tropezan co sol na madeira
recollo o pelo e con aire
despistado no sorriso
mírote
sabendo que por fin menceu.

O LUME II

ANXOS

ANXO DE INVERNO

Xa non che temo anxo de inverno
agora non me agacho,
aínda me gusta saber de ti,
é certo
pero non coma antes,
co alento cortado
polas túas as, suspendido ante min,
mui por riba do meu halo.
Agora, anxo de inverno,
ainda me quentan os teus ollos verdes,
si,
pero xa non ardo ó lume
da mirada de antes...

Ensináchesme,
anxo de inverno,
a chorar de madrugada
a adorar
e a me conter
e a odia-lo que se ama.

A CIDADE

TARDE
Está a camiña-la tarde
e empeza a me saudar dende fóra,
veme neste recuncho de luz
que fun construindo
a cada hora para non durmir,
mírame triste
porque sabe que estou lonxe,
pregúntase, seino, se
serei sempre así,
un pequeño e solitario refuxio de arañas,
reclinada no alleo, tal vez si...
Eu tamén a observo a ela
e pregúntome se será sempre así,
unha luz que se afasta,
que me deixa e que se escapa
sen que a penas poida
aproveita-lo tempo para contemplala.


GOLPES DE LUZ


Elas esas pequenas arañas
que chegan a tódolos recunchos tamén están aquí,
acósanme coma antes
como a morte acosa a mente dos nenos.
Elas, xa soben, van escalando sigilosamente
os ollos moi abertos e tornan
unha e outra vez sobre os seus pasos
abráianme.
Coma golpes de luz, nocturna,
navegan entre as túas propias tebras,
elas,
feixes de sede,
agonía do veleno.
Tempestade de vida,
elas, cruel compaña,
soidades,
as ideas, a morte,
elas, a única vida.


9453

Estou deixando o teu solo a cada paso
e esas luces verdes que me separan de ti
sitúanse no meu desgraciado horizonte.
A chovia apaga este día
no que semilla que todo remata
e embarco cara a unha terra de prantos de ceo
onde xa non sei máis que adora-lo
incerto bafo que me dá vida
e que tornarei a esperar cada noite.
Unha luz, vermella agora, e o aire
ó borde dunha pista de aterraxe
na que sempre dice sí.


O MAR

O MEDO

O AMIGO

O DESAMOR